A Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra o concerto de Santa Icía

O concello de Ponteareas convida a toda a cidadanía ao concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo que se celebrará este sábado día 23 de novembro ás 19:00h no centro cultural da parroquia.

O programa de concerto con motivo da patroa dos músicos, Sta Icía, contén pezas de orixes e características moi diversas, co que se espera agradar a todo o público asistente.

Ademais, o director titular Javier Blanco, cederá a súa batuta, de forma que algunhas das pezas que soarán no auditorio, serán dirixidas por directores noveis. Como ven sendo habitual, aproveitarase a ocasión para presentar aos novos integrantes da banda: María José García (saxofón), Nuria Domínguez (clarinete), Sara Gamote (frauta) e Ismael Represas (percusión). Ao remate do concerto, continuará a celebración coa tradicional cea e a entrega aos músicos dos agasallos con máis retranca do ano.