A aula CeMIT de Ponteareas ofrece unha ducia de cursos de balde para este mes de xullo

A aula CeMIT de Ponteareas ofrece unha ducia de cursos de balde para este mes de xulloA aula CeMIT de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para os novos cursos presenciais que oferta de balde e que comezarán o vindeiro 5 de xullo.

 

Serán unha ducia de propostas a través das que as persoas interesadas poderán participar en calquera dos cursos de manexo básico de móbil Android para diferentes niveis ou aprender a elaborar un currículum; a facer trámites coa administración a través do E-saude e da Chave 365; a manexar o procesador de textos LibreOffice Writter ou o LibreOffice Calc; a traballar na nube con ferramentas de Google; a mellorar as súas fotografías dixitais; a facer retoque de imaxe co ordenador co programa GIMP; ou a manexar aplicacións de retoque e mellora fotográfica no móbil.

 

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta.

 

Dende a Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez anímase a toda a veciñanza a participar nestas actividades que buscan “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos necesarios para que as persoas poidan desenvolverse cun ordenador ou cun dispositivo móbil, prestando especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital”.

 

Para máis información as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico cemit.ponteareas@xunta.galou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962.