A aula CeMIT combina tecnoloxía e creatividade en dous obradoiros de Steam dirixidos á mocidade

A aula CeMIT combina tecnoloxía e creatividade en dous obradoiros de Steam dirixidos á mocidadeNos cursos, de balde, a rapazada traballará e experimentará cos kits de creación interactiva Makey

 

A aula CeMIT de Ponteareas acolle este mes de xullo os obradoiros Steam, derrubando estereotipos, dous cursos dirixidos a mozos e mozas de 8 a 15 anos nos que aprenderán a usar a tecnoloxía a través da creatividade. Nos talleres os rapaces e rapazas participantes traballarán e experimentarán cos kits Makey Makey, uns xogos de creación interactiva que lles permitirá converter practicamente calquera obxecto en paneis táctiles e buscar novos xeitos de interactuar cos ordenadores, potenciando a creatividade, a imaxinación e o deseño.

 

A Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, organizará dous obradoiros en función da idade dos mozos e mozas participantes:

  • O xoves 29 de xullo, de 11.00 a 14.00 horas, dirixido á rapazada de 8 a 11 anos.
  • O venres 30 de xullo, de 11.00 a 14.00 horas, dirixido á mocidade de 12 a 15 anos.

 

Os obradoiros serán de balde e celebraranse nas instalacións da aula CeMIT no edificio do Centro de Servizos Sociais, na rúa Oriente nº 12. As persoas interesadas xa poden inscribirse en cemit.ponteareas@xuntal.gal ou no teléfono 634 238 962.

 

Os talleres terán prazas limitadas e contarán con todas as medidas de prevención.

 

O edil Benito Márquez anima a todos os mozos e mozas a participar nestas actividades que lles permitirán “achegarse á tecnoloxía e á robótica dun xeito ameno, divertido e práctico”.