A aula CEMIT celebra o Día das Persoas Maiores con charlas específicas

CURSOS OUTUBRO I

 

Achegádevos á aula CEMIT de Ponteareas e participade nos cursos de informática que son totalmente de balde. Neste mes de outubro haberá cursos de iniciación á informática, de procura de información na rede, de DNI electrónico e certificados dixitais, de emprego do correo electrónico, de folla de cálculo, de google apps, de edición de audio e vídeo e de google drive.

Ademais, o día 1 de outubro con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores proxectaránse dúas charlas, unha ás 10:30 horas baixo o título “Asignatura pendente do século XXI: formación ao longo da vida” e a outra ás 17:00 horas “Trucos google para buscar por internet”.

A concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, informa que para inscribirse tan só hai que achegarse ata a aula CEMIT no Centro Social ubicado na rúa Oriente ou ben contactar no número de teléfono 673 794 883 ou a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal