A alcaldesa, Nava Castro, acompaña á veciñanza de Guillade na procesión da Festa do Cristo

Numerosos veciños e veciñas déronse cita onte en Guillade, para participar na procesión da Festa do Cristo.

A alcaldesa, Nava Castro, achegouse ata esta parroquia para participar na procesión e acompañar á veciñanza.