O Concello repartiu 25 árbores entre 12 centros escolares de Educación Infantil e Primaria

A acción vén motivada pola recente celebración do Día da Árbore

 

día-da-árbore-santiago-apóstoloO Concello de Ponteareas, a través da concellería de Ensino que xestiona Cristina Fernández, vén de facer entrega dun total de 25 árbores en 12 centros escolares de Educación Infantil e Primaria do municipio. Un xesto que serve para “concienciar aos alumnos e alumnas da importancia de coidar o noso entorno e tamén para para familiarizarse con el, coñecendo máis polo miúdo especies como o carballo, o liquidámbar ou o magnolio”, tal e como sinalou a propia Fernández.

 

As árbores xa se atopan nas instalacións dos diversos centros de ensino e foron proporcionadas pola Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra, dependente da Deputación Provincial, a cal facilitou outras 25 árbores para que estas sexan plantadas en diferentes parques e xardíns do Concello de Ponteareas.

 

Doazón por parte de Eco Garden Galicia

 

día-da-árbore-a-moscadeiraDentro das accións previstas pola concellería para conmemorar o Día da Árbore tamén se enmarcou colaboración coa empresa Eco Garden Galicia. Esta compañía, que cumpre este ano o seu décimo aniversario, decidiu doar un total de 12 árbores, unha por cada clase de 5º de Educación Primaria que hai no Concello de Ponteareas. Tanto a propia concelleira, Cristina Fernández, como a empresa, escolleron o curso de 5º porque é no que os nenos e nenas cumpren 10 anos, os mesmos que Eco Garden Galicia neste 2016.

 

As árbores foron doadas o pasado mes de marzo e cada clase foi a encargada de coidar deles até o día de onte, 7 e abril, no que tivo lugar a plantación definitiva. Algúns dos centros optaron por plantar estas árbores nos xardíns dos propios colexios, mentres que outros o fixeron no Parque da Moscadeira, en presenza da edil de Ensino, de técnicos da empresa, e do técnico de medio ambiente da Xunta de Galicia, Marcial Carrera. Todas estas ábores, dende agora, pasan a ser patrimonio natural do Concello.