A concellería de Deportes informa da apertura do prazo de inscrición para campamentos polideportivos da Deputación

Remata o vindeiro 16 de abril e os campamentos estarán divididos en 6 quendas de 5 días cada unha

 

campamentos-polidep-depA concellería de Deportes ponteareá, xestionada por Benito Márquez, vén de informar da apertura do prazo de inscrición dos campamentos poliderpotivo de verán Príncipe Felipe, organizados pola Deputación de Pontevedra e cuxo principal obxectivo é o de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces e rapazas censados nalgún concello da provincia e nados entre os anos 2002 e 2009, émbolos dous inclusive.

 

Os campamentos estarán divididos en 6 quendas de 5 días cada unha delas, comprendidas entre os días 11 de xullo e 27 de agosto. Cada quenda acollerá a un total de 50 nenos e nenas. A Deputación ten previstas un total de 300 prazas para toda a provincia, as cales xa foron asignadas aos respectivos concellos en función de criterios poboacionais. Ponteareas contará con 5 prazas.

O prezo será de 125 euros por cada nenos ou nena e as actividades que este poderán desenvolver irán dende o tiro con arco, pasando por actividades acuáticas e deportes de equipo.

A documentación poderá ser presentada até o 15 de abril, inclusive, na sede oficial da Deputación en Pontevedra, na avenida Montero Ríos; na sede da Deputación en Vigo, na rúa Oporto número 3; ou nalgunha das Oficinas de Xestión Tributaria do organismo provincial (ORAL), que no caso de Ponteareas está situada ao carón da Casa do Concello, na rúa Concha Brey número 4. Os formularios correpondentes poderán ser cumprimentados en liña ou en formato físico, estando estes dispoñibles nas sedes previamente mencionadas. Para máis información é posible consultar as bases desta convocatoria a través desta ligazón.