Fútbol e solidariedade esta Semana Santa con Ponte Solidario

torneo-ponte-solidarioA Asociación celebra a cuarta edición do seu campionato de fútbol sala esta Semana Santa. Os días 24, 25 e 26 de marzo, o pavillón Álvaro Pino acollerá un evento que combina deporte e solidariedade.

Ponte Solidario segue traballando contra a exclusión social en Ponteareas, e continúa tamén involucrando á poboación a través de eventos como o IV Torneo Ponte Solidario. As inscricións pódense formalizar xa na web da asociación, a través do correo pontesolidario@gmail.com ou no número 600 584 386, e o prazo permanecerá aberto ata o 19 de marzo.

Asemade, como se levou a cabo en anteriores edicións, os equipos participantes poderán decidir a que ámbito de actuación social de Ponte Solidario irá destinado o importe da súa inscrición, fixado en 50€ por equipo.

A intención da ONG é fomentar o ambiente solidario entre os máis novos, xa que tamén poderán doarse durante os 3 días produtos de hixiene e limpeza, agora mesmo os máis necesarios para a Asociación.