O padel será o protagonista do tramo final do mes de marzo

IMG_3252As pistas de padel do Complexo Deportivo Álvaro Pino acollerán a segunda edición do Torneo de Padel Reale Seguros, no que colabora a concellería de Deportes dirixida por Benito Márquez, e tamén a empresa concesionaria da xestión da piscina municipal, Insdega XXI. O campionato, que ten o prazo de inscrición aberto até o 15 de marzo inclusive, disputarase dende o 18 até o 27 de marzo.

A competición constará de cinco categorías: 2ª e 3ª masculina, feminina, mixta e infantil (dende os 8 até o 14 anos). A inscrición pódese facer a través desta ligazón e os partidos poderán ser vistos en directo a través da web www.piscinadeponteareas.com. Os diferentes prezos poden ser consultados chamando ao número de teléfono 986 64 47 57.

Benito Márquez anima a todos “afeccionados dun deporte que non para de gañar adeptos a se inscribir e gozar dunhas xornadas de padel nas que se poderán apreciar partidos de moi bo nivel”.