Ponteareas anuncia a licitación do servizo de retirada de vehículos con guindastre

Os autónomos ou empresas interesadas poderán consultar na Secretaría do Concello as condicións do concurso a partir da vindeira semana

O Concello de Poconcello-noitenteareas ten previsto licitar nos vindeiros días o servizo de retirada con grúa de vehículos que non estean estacionados axeitadamente, o cal será adxudicado durante o período de 1 ano, que se poderá prorrogar polo prazo doutro ano.

As empresas ou os autónomos interesados en presentar as ofertas para xestionar o servizo poderán pasar pola Secretaria do Concello a partir da vindeira semana e consultar a información que precisen. O Concello fixa como importe máximo de licitación unha retribución anual única e fixa de 30.000 euros.

Trátase dun servizo que se estivo prestando sen contrato dende o ano 2006 e cuxa última adxudicación se produciu en 2001 por un período de cinco anos. Os contratos de xestión dun servizo público non poden ter carácter perpetuo e indefinido, debendo quedar fixadas obrigatoriamente as prórrogas e súa duración no prego de condicións. É por isto que, de acordo co informe do asesor xurídico municipal o servizo veuse prestando dende 2006 “sen amparo contractual”.

Ponteareas conta cun depósito temporal con 70 metros cadrados de superficie xunto a Policía Local, con capacidade para albergar 6 vehículos, ademais do espazo destinado nas dependencias do parque móbil.

O obxectivo é “dotar de legalidade a un servizo municipal que estivo demasiado tempo sen cumprir a normativa vixente pola irresponsabilidade do anterior executivo, e que por primeira vez en 10 anos vai ser prestado de maneira regular”, tal e como ven de recoñecer a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.