Ponteareas celebra a semana de Rosalía

As concellerías de Cultura e Comercio organizan unha serie de actividades conmemorando o aniversario do seu nacemento

cartel_festival_definitivoRosalía de Castro é a gran protagonista da semana cultural en Ponteareas. A concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, celebra o 23 e o 24 de febreiro  actividades infantís de lectura e confección de murais e pancartas con poemas da poetisa na Biblioteca Municipal. Estas actividades desenvolveranse durante a mañá con alumnos de diferentes centros de ensino e pola tarde con todos aqueles nenos e nenas que acudan acompañados dos seus pais e nais.

O sábado pola tarde terán lugar varios actos dedicados a conmemorar o nacemento desta gran figura literaria. Comezarán ás 18:00 cun acto institucional na Casa do Concello, para continuar ás 18:30 horas cunha ofrenda floral na rúa Rosalía e pechar co Festival Rosalía no Auditorio Reveriano Soutullo a partir das 19:00 horas.

O Festival Rosalía contará con poemas e música a cargo das agrupacións musicais de lectura e como Percusión Infantil do Centro Cultural Chaín, Mínima Son, Wiki Rosalías, LeCRAs de Dodro, Pandereteiras Pedra da Garza e Mínima Son.

Ademais, a concellería de Comercio, dirixida por Mario Lago, colaborou no reparto de material polos locais comerciais da rúa Rosalía de Castro que axude a difundir a obra da autora.