Atmósfera Sport organiza a segunda edición da súa carreira popular

 Terá lugar o vindeiro 6 de marzo polas principais rúas do casco urbano de Ponteareas

 

CARTEL CARRERA2016 FINAL (2)A Asociación Atmósfera Sport organizará unha carreira popular cronometrada de 10 quilómetros de lonxitude. Será o vindeiro 6 de marzo polas principais rúas do casco urbano de Ponteareas, tendo como punto de saída e chegada a Casa do Concello.

 

Trátase dunha proba na que colabora a concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, pensada para adultos e para nenos e dividida en 4 categorías: benxamín (nados entre o 2007 e 2009), alevín (nados entre 2004 e 2006), infantil (nados entre 2001 e 2003) e sénior, que neste caso abranguerá aos maiores de 16 anos.

 

A competición dará comezo ás 10:30 horas coas 3 categorías infantís, mentres que a carreira absoluta sairá ás 11:30 horas.

 

A carreira puntuará para a Superliga CCNorte-Mylaps 2016, a Challenge 10K Galicia CCNorte e para o Circuíto Correr en Galicia 2015/16, polo que contará coa participación dos mellores atletas galegos.

 

As inscricións están abertas na web www.championchipnorte.com e de forma presencial nas tendas Atmósfera Sport Ponteareas e Navia até o luns 29 de febreiro de 2016, inclusive.