55 xogadores déronse cita no III Torneo Xadrez e Natureza

Este fin de semana celebrouse o III TORNEO XADREZ E NATUREZA coincidindo co XXV aniversario do Club Xadrez de Ponteareas, no Parque Forestal A Fraga do Rei, en Cristiñade. No evento participaron 55 xogadores procedentes de clubes das provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra. O torneo dividíuse en dúas categorías: escolar e absoluta. 

Os xogadores e as súas familias disfrutaron dun fermoso día e xantaron no mesmo parque. A organización convidou a tódolos participantes a unha merenda antes da entrega de premios. Entregáronse diplomas a todos os xogadores e os participantes en idade escolar recibiron todos un agasallo da organización.

O concelleiro de deportes, Benito Márquez, felicitou aos organizadores do torneo ‘polo bo traballo feito, tanto neste torneo como ao longo dos últimos anos’, e do mesmo xeito, felicitounos tamén polo seu 25 cumpreanos. ‘Con este bo traballo e con esta organización de seguro que este club durará polo menos outros 25 anos’.

O Cadro de Honra do Torneo foi o seguinte:

Categoría Sub-8:
1º Breixo Vidal  (Club Xadrez Marín) 2º Izan Paz (Escola Xadrez Ponteareas) 3º Sabela Montero (Sociedad Cultural Antorcha de Cristiñade)

Categoría Sub-10:
1º Olivier Rocha (Escola Xadrez Pontevedra) 2º Breixo Longueira (Club Algalia Santiago de Compostela) 
3º Darío Vidal (Club Xadrez Marín)

Categoría Sub-12:
1º Pablo Martínez (Club Liceo de Ourense) 2º Xoán Otero (Escola Xadrez Ponteareas) 3º Amalia Costal (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Sub-14:
1º Daniel Martínez (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Sub-16:
1º Francisco González (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Sub-18:
1º Adrián Carpintero (Escola Xadrez Ponteareas)

Categoría Absoluta:
1º Miguel Juan Morado (Club Ajedrez Marcote) 2º Ángel Otero (Club Xadrez Marín) 3º Sergio Lemos (Club Xadrez Altamira Salceda de Caselas)

Tamén houbo mencións especiais e entrega de placa conmemorativa do XXV Aniversario do Club para:

Concello de Ponteareas
Comunidade de Montes de Cristiñade
D. Belarmino García Martínez (Secretario de Asuntos Xurídicos da Secretaría Xeral para o Deporte)

Manuel Enrique Outerelo Ucha
Director do Torneo e Secretario do Club Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas

ENLACE REPORTAXE FOTOGRÁFICO DO TORNEO:
https://www.flickr.com/photos/39527111@N08/albums/72157680665741764x