44 parellas participaron no III Open de Padel

O III Open de Padel acolleu a  44 parellas que se viron as caras nas instalacións do complexo deportivo Álvaro Pino dende os días 26 de agosto ata o 1 de setembro. Disputaronse as finais de consolación o sábado 31 pola tarde e as finais de cadro principal o domingo pola mañá, día no que se realizou a entrega de premios e trofeos coa presenza de Miguel Bouzó, concelleiro de Mocidade.
 
Os gañadores foron:
-3° femenino cadro principal Carmen Díaz e Iría Alfonso. Consolación Susana Varela e Silvia Figueroa
-3° mixto campións cuadro principal Carlos Pérez e Eva Lomba. Consolación campións Zuleika Abal e José Manuel Curieses
-3 ° masculino campións cadro principal Antonio Obelleiro e Gerardo Ramallo e campións consolación Daniel Cantos e Jesús López
-2° masculino cadro principal campións Julio García e Fernando García e campións consolación Luis Asenjo e Jorge González