41000 euros de axuda as entidades sociais de Ponteareas

Q55A9920A deputada provincial Marta Iglesias, visitou Ponteareas con motivo do acto de entrega de diversas subvencións a colectivos sociais do municipio. Estivo acompañada polo alcalde Salvador González e maila concelleira de servizos sociais-atención primaria Marisol Valado.

As entidades, Adapta, DarMais e a asociación Ponte Solidario foron os receptoras de perto de 41.000 euros, que recibiron da colaboración directa da Deputación Provincial.

Iglesias fixo entrega dunha subvención a asociación Adapta para os seus proxectos de atención a personas con discapacidade nas comarcas do Condado e A Paradanta.

A segunda das axudas foi para a asociación DarMais en apoyo ao mantemento do seus servizos e actividades o longo do ano e a terceira  subvención, para a asociación Ponte solidario, de apoio a integración social de persoas con necesidades especiais

Tanto a deputada como o alcalde, destacaron que as dúas administracións, deputación e concello, “están a facer o esforzo máximo para axudar a estos colectivos nos momentos de dificultade que vivimos”, suliñando a deputada que “na área sur de Pontevedra a inversión social supera os 3,5 millóns de euros en colaboración coas entidades locais e comarcais”.

 

Pola súa banda, a concelleira Valado, destacou que “dende a concellería seguirá apoiando todas aquelas iniciativas e programas que coma este revirtan nunha mellora das  condicións sociais, personais e materiais dos discapacitados”