24 equipos disputan o I Torneo de Fútbol Sala Ponteareas

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentaron, xunto aos organizadores a semana pasado o I Torneo de Fútbol Sala Ponteareas, evento deportivo que terá lugar entre o 16 e o 29 de xullo no Complexo Deportivo Álvaro Pino.

O torneo conta con 24 equipos, e conta tamén con árbitros federados.  Os equipos eliminados xogarán un cuadrante por perdedores e o gañador levará unha cea nun restaurante e un cheque de mil euros. A organización entregará ademais premios monetarios para o segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo e oitavo clasificado.

“Animamos aos  veciños e veciñas a asistir a este torneo que conta con equipos de moito nivel, e agradecemos aos organizadores do mesmo pola súa implicación á de desenvolver esta proba”, sinalou Benito Márquez, edil de Deportes.