23 de marzo gran-prix familiar

la foto (2)A concellería de comercio, que dirixe Marisol Valado, quere invitar a todas as familias de Ponteareas a un Gran-Prix,  que vai a poñer en marcha  a asociación de comerciantes “Ponteareas Comercial”, o día 23 de marzo, con motivo do día do pai.

Consistirá en probas multi-deportivas en familia, con probas de orientación, carretilla, canasta, fútbol, sacos, tenis e moito máis.

Teranse que superar  diferentes probas ao longo do pobo, ata chegar ao Complexo Deportivo Álvaro Pino, onde se continuará a superar metas en familia.

Para inscribirse poderá facerse nos locais da asociación ou no Facebook Ponteareas Comercial. Os inscritos antes do 17 de marzo terán unha camiseta de agasallo.