1º Concurso de cortadores de xamón non profesionais en Ponteareas

ATLÁNTICOO alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado da concelleira de comercio, Marisol Valado, e de José Miguel Enriquez, propietario do establecemento “O Gourmet Galego”, situado na rúa Esperanza, presentaron o primeiro concurso de cortadores de xamón non profesionais, que terá lugar o vindeiro 19 de xullo, a partires das 11 da mañá, de dita rúa.
Trátase dun concurso aberto a todas aquelas persoas aficionadas, que teñan unha certa experiencia no corte de xamón.
A inscripición será gratuíta e os interesados poderán facelo directamente no “Gourmet Galego”, ou ven nos correos electrónicos INFO@ELGOURMETGALLEGO.COM , atencionprimaria@ponteareas.es
Cada un dos participantes disporá dun xamón Reserva Pitanza ou de similares características e irán provistos da indumentaria e útiles necesarios para o corte de Xamón (soporte, coitelos e outros útiles). Puntuarase en conformidade as bases do concurso, que estarán expostas e en coñecemento dos participantes.
Farase entrega dos premios aos tres mellores cortadores:
1.-Medalla, Xamón Gran Reserva, lote de produtos Gourmet, ademais dun detalle do Concello.
2.-Medalla, queixo reserva e botella R.D. Mágnum.
3.-Medalla e lote de tres botellas de viño crianza.
O xamón cortado polos participantes, será empratado e posto a venda por 1 € o prato.
Este concurso, polas súas características, será o primeiro que se realice en Galicia, polo que xa está causando bastante expectación no seu inicio, esperando unha grande concorrencia e interese por parte dos asistentes, que poderán disfrutar dun bo xamón a un módico custe, ademais de cañas de cervexa, tamén a 1 €, nos locais da periferia ao certame.