Ven esta fin de semana a Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas convídaos a participar nas diferentes actividades organizadas para tódolos públicos esta fin de semana. Contacontos, xogos tradicionais, charlas micolóxicas, serán, feira de produtos de tempada, saídas guiadas, música en directo, exposición de alambiques, roteiro gastronómico e unha variada axenda da que toda a familia pode desfrutar.