120 deportistas participarán no Campionato Escolar Zonal de Bádminton

O vindeiro 15 de abril Ponteareas acolle o Campionato Escolar zonal individual 2018 de Bádminton organizado polo Club Bádminton Ponteareas e coa colaboración do servizo provincial de Deportes dependente da Xunta de Galicia, da Asociación Deportiva Escolar do Condado (ADECONPAR) e o concello. 

Preto de 120 deportistas dos distintos centros educativos de primaria da comarca veránse as caras no pavillón municipal Álvaro Pino para aprender un pouco máis deste deporte a través de charlas, vídeos, exhibicións e partidos.

A organización pretnde incentivar que os nenos e nenas vexan o bádminton como unha diversión, un xeito de entreterse mentres compiten e fomentar os Bos hábitos xa que o exercizo regular favorece o bo desarollo físico e mental. Segundo a organización axúdalles a integrarse máis socialmente e a adquirir valores fundamentais como o compañeirismo, aprender a perder, seguir regras, aumenta as posibilidades motoras… 

Os centros participantes serán o: CEIP Bouza Brey, A Inmaculada, CPI Mondariz, CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Antonio Blanco Covelo, CEIP Feliciano Barrera Gulans, CEIP Ramiro Sabell Mosquera, CEIP Infante Felipe de Salvaterra, etc .

Os clasificados neste campionato pasarán a participar no Campionato Escolar Condado Paradanta Baixo Miño que se celebrará o vindeiro 6 de maio e o 26 de maio o Campionato Provincial Escolar.

A organización agradece a axuda prestada por ADECONPAR que dirixe o profesor José Luis Soto así como a todos os profesores e profesoras de educación física de todos os colexios e institutos que se involucraron neste programa escolar, tambén dar queren dar as grazas ao concello de Pontearea e ao Servizo Provincial de Deportes de Vigo. 

O club tamén convida aos e ás interesadas a achegarse a calquera das escolas en Mondariz, A Cañiza, Salvaterra de Miño ou Salceda de Caselas.  Para máis información contactar nos teléfonos 656 261542, teléfono 609927471 ou correo electrónico cbponteareas@yahoo.es

O concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, agradece o esforzo da escola de bádminton e felicítaos polo seu traballo ao mesmo tempo que da as grazas a ADECONPAR polo seu apoio.