12 comparsas participarán no desfile de Entroido de Ponteareas

Máis de 1.000 persoas desfilaran o domingo polas rúas de Ponteareas nas carrozas e comparsas de Entroido 

O Entroido 2017 en Ponteareas será un dos máis participativos dos últimos anos si temos en conta o número de comparsas inscritas, un total de doce, o maior número das últimas décadas, e si atendemos ao número de participantes en cada unha das comparsas e carrozas, a cifra xa suma máis de 1.000 participantes. O desfile percorrerá as seguintes rúas: Concha Brey, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, Arxentina, Doutor Fernández de la Vega, Reveriano Soutullo, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente e remate na Praza Maior onde se procederá á lectura das Coplas do Entroido

Como recoñecemento, recibirán mencións especiais; a mellor carroza, as mellores copla, a comparsa con mellor animación e vestiario. O xurado,  responsable de escoller as devanditas mensións, xa foi nomeado pola ducia de comparsas participantes. 

As actividades comezarán xa o venres ás 11.00 horas co desfiles do Entroido Escolar polas rúas do centro da vila coa posterior actuación do artista Peter Punk.  O domingo o desfile iniciarase ás 17 horas. O luns a partir tamén das 17.00 terá lugar o certame na categoría infantil, primeiro, e posteriormente na categoría adulta. O martes terá lugar un novo desfile de comparsas a partir das 20.00 horas que rematará na Praza Maior, na que se fará entrega dos diplomas e mencións de esta edición.

 

O Mércores de Cinza terá lugar o velorio da Sardiña diante do Concello a partir das 20.00 horas. De seguido, comezará a procesión do enterro da Sardiña que porá o ramo na Praza Maior, amenizada no seu transcurso pola charanga SDK.